Benqueridas familias:
O verán xa está máis preto do que parece e conciliar familia e traballo pode complicarse. É ante esta realidade, e ante a boa aceptación e valoracións do ano pasado e da Semana Santa, ante a cal dende o Club Salesianos Coruña facemos a nosa oferta, unha oferta deportiva e educativa, coas distintas modalidades e, de novo, a posibilidade de servizo de comedor e de madrugadores.
A modalidade A, totalmente xestionada polo Club nas instalacións de Salesianos A Coruña, divide a mañá en dúas partes: unha adicada ao fútbol sala e a outra adicada ao baloncesto, os dous deportes de equipo que temos actualmente no Club.
As modalides B e C traémolas da man de Brava Surf, cos que xa colaboramos moi satisfactoriamente o curso pasado e en Semana Santa, e nas que tamén dividiremos a mañá en dúas partes: unha adicada ao fútbol sala (modalidade B) ou ao baloncesto (modalidade C) e a outra adicada ao surf.
A parte de surf terá lugar, sempre que as condicións meteorolóxicas e marítimas o permitan, na praia do Orzán, ao lado das nosas instalacións, e nela desenvolveranse as actividades de surf e SUP (Stand Up Paddle). Cando as condicións meteorolóxicas e marítimas non o permitan, realizarase no ximnasio do pavillón a actividade de surf & skate.
Nas modalidades D, E e F os nosos deportistas poderán pasar a metade da mañá practicando fútbol sala (modalidade D), baloncesto (modalidade E) ou surf (modalidade F), e a outra metade facendo actividades de tempo libre educativo (xogos, obradoiros, xincanas…) cos compañeiros do CX Abeiro nas súas Mañás de Verán.
En todas as modalidades, os deportistas deberán traer roupa apta para a práctica deportiva, unha camiseta de reposto e auga (a merenda dámosllela nós). Nas modalidades que implican surf (B, C e F) tamén deberán traer un traxe de baño tipo piscina (para evitar roces co neopreno), chancletas, toalla e protección solar.
- Para quen?: Nenas e nenos que fagan 6º de Educación Infantil ou calquera curso de Educación Primaria, no Colexio Salesiano ou noutro.
- Cando?: de luns a venres, de 9.30h a 14.00h, as seguintes semanas:
- 22-26 de xuño (agás o 24).
- 29 de xuño – 3 de xullo
- 31 de agosto – 4 de setembro
- 7 e 8 de setembro (en función do calendario escolar, como días soltos)
- Opción madrugadores: Dende as 8.00h (18€ / semana, ou 4,50€ / día), en colaboración co CX Abeiro.
- Opción servizo comedor: De 14.00h a 15.30h, incluíndo a comida, xestionada por Arume (10€ / día) e en colaboración co CX Abeiro.
- Opción servizo friameira: De 14.00h a 15.30h, pero sen incluír a comida, que deberán traer da casa, e en colaboración co CX Abeiro (18€ / semana, ou 4,50€ / día).
- Como apuntarse?: No formulario ao final da páxina ata o 5 de xuño. Despois só se poderán facer novas inscricións ou ampliacións se hai prazas libres e ata o xoves anterior á semana a que se estean anotando.
Uns días despois de realizar a inscrición recibiredes un correo electrónico con información para realizar o pago.
A actividade precisa dun número mínimo de participantes, de non chegar ao mínimo nalgunha modalidade non poderá ter lugar e poñerémonos en contacto convosco para comunicalo o día 8 de xuño e dar a opción de cambiar de modalidade, pasar a Mañás de Verán ou darse de baixa (reintegrando a diferenza ou a totalidade, segundo corresponda).


A semana do 22 ao 26 de xuño, como ten un día menos de actividade, terá un desconto do 20% en todas as modalidades e servizos.
DEVOLUCIÓNS
En caso de baixa antes do 5 de xuño devolverase o 100% da inscrición.
A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do martes anterior á semana na que dita baixa ten lugar. A partir desa data non se farán devolucións.
Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto connosco por WhatsApp no 653 69 49 24 ou mandando un correo electrónico a club@clubsalesianoscoruna.es.
Desexando que poidamos seguir sendo protagonistas da historia a través dun Deporte cada vez máis Educativo e máis Salesiano na nosa Casa, saudámosvos.
Unha aperta,
Club Salesianos Coruña



