
A Casa Salesiana de A Coruña, da que forma parte o noso Club, pertence á Inspectoría Salesiana “Santiago el Mayor” (www.salesianos.es), da Congregación Salesiana. Forma parte dun conxunto de obras educativas, extendidas polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, La Rioja, Navarra, Castilla y León, Madrid e Castilla la Mancha.
A maior parte dos destinatarios da nosa Casas son nenos e nenas e adolescentes, todos eles menores de idade. O sistema salesiano dende o que les educamos é o denominado Sistema Preventivo de Don Bosco. Este Sistema levámolo a cabo mediante:
+a presenza de cada educador a cada educando, dende a cercanía, o coñecemento e o respecto;
+a oferta dun ambiente educativo amplio, rico de propostas, que se configura como un entorno seguro para o menor.
A nosa política é, dende o noso propio carisma educativo, a de protección e coidado dos menores. Todos os educadores, salesianos ou segrares, da nosa Casa están chamados a levar a cabo este sistema para a promoción integral dos nenos e mozos que as familias nos confiaron.
Dende este espírito preventivo, ofrecemos o Código de Conduta, como norma reguladora das relacións, das posibles infraccións e de creación de entornos seguros para os menores atendidos na nosa Casa.
O correo da Casa ao que poder acudir para cuestións referentes a este tema é ambienteseguro@salesianoscoruna.es