Os nosos símbolos

O noso escudo

O noso escudo, deseñado por Luis M. Pernas, representa dous elementos clave na identidade do Club:

+O seu ser salesiano: O escudo inclúe a “casiña”, o logo dos salesianos, como singo de pertenza á Casa Salesiana e ao Movemento Xuvenil Salesiano.

+O seu ser coruñés: Integrada na “casiña” dos Salesianos atópase a Torre de Hércules1, emblema da nosa cidade.

As nosas cores

As nosas cores son o vermello e o negro, unha combinación moi salesiana.

+O vermello da vitalidade, da enerxía e da xuventude.

+O negro da solidez, da historia e das bases dunha longa historia de educación.

As segundas cores son o rosa e o branco, escoitando a demanda da mocidade, pero tamén chea de significado:

+O rosa de María Auxiliadora, a nosa patroa.

+O branco da pureza, da bondade e da sinxeleza.

A nosa equipación

A realización da nosa equipación, deseñada por Luis M. Pernas, foi confiada a Idebros, empresa galega que traballa coas dúas marcas que levamos: BKA e Erreà.

Para a segunda equipación substituímos o escudo vermello por unha segunda versión, en negro.

  1. O deseño da Torre de Hércules está adaptado da versión libre de Galicia iconos creados por Freepik – Flaticon ↩︎