Onde quedaron as vacacións de verán!?!? Xa estamos de volta!!!
Sabemos que neste primeiro mes do curso o noso alumnado de Educación Infantil e Primaria non ten clase pola tarde, o que pode ser unha dificultade á hora de conciliar familia e traballo.
Por iso, unha vez máis, lanzamos esta campaña de conciliación para eses días de setembro nos que xa hai clase, pero só polas mañás.
Por outra banda, pode ser unha oportunidade para que os pequenos proben os distintos deportes que ofertamos, de cara ao presente curso.
Ofertamos de novo, para primaria, Fútsal, Baloncesto e Judo a través do Club, así como o surf, que traemos unha vez máis da man de Brava Surf.
A parte de surf terá lugar, coma as outras veces, sempre que as condicións meteorolóxicas e marítimas o permitan, na praia do Orzán, ao lado das nosas instalacións, e nela desenvolveranse as actividades de surf e SUP (Stand Up Paddle). Cando as condicións meteorolóxicas e marítimas non o permitan, realizarase no ximnasio do pavillón a actividade de surf & skate.
Ademais, escoitando as vosas demandas, queremos facer tamén unha oferta para os máis pequenos da nosa Casa Salesiana: os nenos e nenas de Educación Infantil. Para eles, como faremos durante o curso, o que ofrecemos é unha experiencia de xogos e multideporte.
Para estas actividades, os deportistas deberán traer roupa apta para a práctica deportiva, unha camiseta de reposto (opcional) e auga. Ademais, para o surf tamén deberán traer un traxe de baño tipo piscina (para evitar roces co neopreno), chancletas, toalla e protección solar. Para judo non será obrigatorio traer judogi, xa que será unha introdución a este deporte, pero os que o teñan estaría moi ben que o trouxesen.
- Para quen?: Nenas e nenos que fagan Educación Infantil (multideporte) e Educación Primaria (deportes específicos) no Colexio Salesiano.
- Cando?: Do 10 ao 30 de setembro, distribuído do seguinte xeito:
- Educación Infantil:
- Luns a venres, de 16.00h a 17.30h: Multideporte e xogos.
- Educación Primaria:
- Luns e xoves, de 16.00h a 17.30h: Fútbol Sala.
- Martes e venres, de 16.00h a 17.30h: Baloncesto.
- Mércores, con dúas posibilidades:
- de 16.00h a 18.00h: Surf[1].
- de 16.00h a 17.30h: Judo.
- NOTA: Para o horario que queda entre o comedor e esta actividade, o colexio dispón da posibilidade de solicitar unha ampliación do tempo de comedor (consultar no colexio).
- Educación Infantil:
- Como apuntarse?: No formulario de máis abaixo, ata o 6 de setembro. Despois só se poderán facer novas inscricións ou ampliacións se hai prazas libres.
O día 7 recibiredes un correo coas indicacións para proceder ao pago.
A actividade precisa dun número mínimo de participantes, de non chegar ao mínimo nalgún deporte non poderá ter lugar e poñerémonos en contacto convosco para comunicalo o mesmo 7 de setembro e proceder coa devolución do diñeiro. Neste caso, sempre ofertariamos unha alternativa de conciliación non necesariamente deportiva para as familias que o precisen, de xeito que ningún neno quede “só” as tardes de setembro.
PREZOS
| Xeral | Deportistas do Club | ||
| EDUCACIÓN PRIMARIA | Fútbol Sala | 25 € | 22 € |
| Baloncesto | 25 € | 22 € | |
| Surf | 63 € | 63 € | |
| Judo | 15 € | 13 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto | 46 € | 40 € | |
| Fútbol Sala + Surf | 86 € | 83 € | |
| Baloncesto + Surf | 86 € | 83 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto + Surf | 106 € | 100 € | |
| Fútbol Sala + Judo | 38 € | 33 € | |
| Baloncesto + Judo | 38 € | 33 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto + Judo | 60 € | 52 € | |
| EDUCACIÓN INFANTIL: Multideporte | 60 € | – | |
Os días soltos só estarán permitidos en Fútbol Sala, Baloncesto, Judo e Multideporte, a un prezo de 6€/día en xeral e de 5€/día para deportistas do Club.
IRMÁNS
No caso dun segundo, terceiro… irmá/n, o prezo destes será:
| Xeral | Deportistas do Club | ||
| EDUCACIÓN PRIMARIA | Fútbol Sala | 23 € | 20 € |
| Baloncesto | 23 € | 20 € | |
| Surf | 63 € | 63 € | |
| Judo | 14 € | 12 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto | 43 € | 37 € | |
| Fútbol Sala + Surf | 85 € | 82 € | |
| Baloncesto + Surf | 85 € | 82 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto + Surf | 104 € | 98 € | |
| Fútbol Sala + Judo | 36 € | 31 € | |
| Baloncesto + Judo | 36 € | 31 € | |
| Fútbol Sala + Baloncesto + Judo | 56 € | 48 € | |
| EDUCACIÓN INFANTIL: Multideporte | 56 € | – | |
Os días soltos, de novo, só estarán permitidos en Fútbol Fútbol Sala, Baloncesto, Judo e Multideporte, a un prezo de 5€/día en xeral e de 4,50€/día para deportistas do Club.
DEVOLUCIÓNS
En caso de baixa antes do 6 de setembro devolverase o 100% da inscrición.
A partir desta data non se farán devolucións. Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto connosco por WhatsApp no 653 69 49 24 ou mandando un correo electrónico a club@clubsalesianoscoruna.es.
[1] A ubicación do surf o mércores en vez do venres, cando parecería lóxico, débese á compatibilización do pavillón coas clases de Educación Física que teñen na ESO os mércores pola tarde. No caso de superar o número máximo de inscritos por grupo habería que crear un segundo grupo noutro horario, a negociar.



