Campus Semana Santa

336

Achéganse as vacacións de Semana Santa e conciliar familia e traballo pode complicarse. É ante esta realidade, e ante a boa aceptación e valoracións do ano pasado, ante a cal dende o Club Salesianos Coruña facemos a nosa oferta, unha oferta deportiva e educativa, coas distintas modalidades e, de novo, a posibilidade de servizo de comedor e de madrugadores.

A modalidade A, totalmente xestionada polo Club nas instalacións de Salesianos A Coruña, divide a mañá en dúas partes: unha adicada ao fútbol sala e a outra adicada ao baloncesto, os dous deportes de equipo que temos actualmente no Club.

As modalides B e C traémolas da man de Brava Surf, cos que xa colaboramos moi satisfactoriamente o curso pasado, e nas que tamén dividiremos a mañá en dúas partes: unha adicada ao fútbol sala (modalidade B) ou ao baloncesto (modalidade C) e a outra adicada ao surf.

A parte de surf terá lugar, sempre que as condicións meteorolóxicas e marítimas o permitan, na praia do Orzán, ao lado das nosas instalacións, e nela desenvolveranse as actividades de surf e SUP (Stand Up Paddle). Cando as condicións meteorolóxicas e marítimas non o permitan, realizarase no ximnasio do pavillón a actividade de surf & skate.

Nas modalidades D, E e F os nosos deportistas poderán pasar a metade da mañá practicando fútbol sala (modalidade D), baloncesto (modalidade E) ou surf (modalidade F), e a outra metade facendo actividades de tempo libre educativo (xogos, obradoiros, xincanas…) cos compañeiros do CX Abeiro nas súas Mañás de Semana Santa.

En todas as modalidades, os deportistas deberán traer roupa apta para a práctica deportiva, unha camiseta de reposto e auga (a merenda dámosllela nós). Nas modalidades que implican surf (B, C e F) tamén deberán traer un traxe de baño tipo piscina (para evitar roces co neopreno), chancletas, toalla e protección solar.

  • Para quen?: Nenas e nenos que fagan 6º de Educación Infantil ou calquera curso de Educación Primaria, no Colexio Salesiano ou noutro.
  • Cando?: os días 30 e 31 de marzo, e 1 e 6 de abril, de 9.30h a 14.00h.
  • Opción madrugadores: Dende as 8.00h (4,50€ / día), en colaboración co CX Abeiro.
  • Opción servizo comedor: De 14.00h a 15.30h, incluíndo a comida, xestionada por Arume (10€ / día) e en colaboración co CX Abeiro.
  • Opción servizo friameira: De 14.00h a 15.30h, pero sen incluír a comida, que deberán traer da casa, e en colaboración co CX Abeiro (ou 4,50€ / día).
  • Como apuntarse?: Máis abaixo ata o 23 de marzo. Despois só se poderán facer novas inscricións ou ampliacións se hai prazas libres. Uns días despois de realizar a inscrición recibiredes un correo electrónico con información para realizar o pago.

A actividade precisa dun número mínimo de participantes, de non chegar ao mínimo nalgunha modalidade non poderá ter lugar e poñerémonos en contacto convosco para comunicalo o día 24 ou 25 de marzo e dar a opción de cambiar de modalidade, pasar a Mañás de Semana Santa ou darse de baixa (reintegrando a diferenza ou a totalidade, segundo corresponda).

PREZOS

Inclúen a modalidade indicada (sen madrugadores nin comedor), con todo o material preciso para a mesma, seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.

Ao mesmo tempo, existe un prezo para o público en xeral e outro máis reducido para os deportistas do Club e os socios do Centro Xuvenil Abeiro.

 Modalidade AMod. B/CMod. D/EModalidade F
Xeral56€112€54€111€
Club / Abeiro48€108€44€106€

Pódese realizar tamén a inscrición por días soltos, cos seguintes prezos:

 Modalidade AMod. B/CMod. D/EModalidade F
Xeral15 € / día29 € / día14 € / día28 € / día
Club / Abeiro13 € / día28 € / día12 € / día27 € / día

IRMÁNS

No caso dun segundo, terceiro… irmá/n, o prezo destes será:

 Modalidade AMod. B/CMod. D/EModalidade F
Xeral52€110€48€107€
Club / Abeiro40€104€36€102€

Pódese realizar tamén a inscrición por días soltos, cos seguintes prezos:

 Modalidade AMod. B/CMod. D/EModalidade F
Xeral14 € / día28 € / día13 € / día27 € / día
Club / Abeiro11 € / día27 € / día10 € / día26 € / día

DEVOLUCIÓNS

En caso de baixa antes do 23 de marzo devolverase o 100% da inscrición.

A partir desta data devolverase o 50% da inscrición sempre e cando se realice a baixa antes do 28 de marzo. A partir desa data non se farán devolucións.

Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto connosco por WhatsApp no 653 69 49 24 ou mandando un correo electrónico a club@clubsalesianoscoruna.es.

Previous articleGradas para o pavillón – Colabora!!!
Next articleConsulta Regulamento de Réxime Interno