Xustificación
O presente curso fanse 65 anos da fundación na nosa Casa Salesiana de A Coruña, o 3 de setembro de 1960, do Club Bosco de Baloncesto, impulsado por un grupo de antigos alumnos do colexio salesiano.
Este club foi o primeiro club galego en xogar na 1ª División da Liga Española de Baloncesto, precursora da actual Liga ACB, na tempada 1968-1969. O club non lograría a permanencia na máxima división e remataría desaparecendo o 7 de febreiro de 1988.
O primeiro presidente do club foi Claudio San Martín Pérez, na memoria do cal queremos celebrar este torneo no mesmo lugar no que naceu o club, do que en certo modo nos sentimos herdeiros como Club Salesianos Coruña.
Datos do torneo
Data e lugar: 8 de decembro, Salesianos A Coruña.
Modalidade deportiva: Baloncesto 3×3
Categorías: U18 (nacidos en 2007 ou despois), U14 (nacidos en 2011 ou despois), U12 (nacidos en 2013 ou despois) e U10 (nacidos en 2015 ou despois).
Equipos: 12 por categoría (4 xogadores e un acompañante por equipo).
Lugar: Pavillón Salesianos Coruña. Dúas canchas á vez (medio campo cada).
Horario:
- 9.00h-13.30h: 1ª fase categorías U10 (cancha A) e U12 (cancha B).
- 13.45h-18.15h: 1ª fase categorías U14 (cancha A) e U18 (cancha B).
- 18.30h-20.30h: 2ª fase categorías U10 (cancha A) e U12 (cancha B).
- 21.00h-23.00h: 2ª fase categorías U14 (cancha A) e U18 (cancha B).
NOTA: Os horarios poderán adiantarse ou retrasarse en función da evolución do xogo.
Premios por categoría: 200€ ao primeiro equipo clasificado, 100€ ao segundo e 50€ ao terceiro (ingresaranse na conta dende a que se faga o pago da inscrición).
Haberá picnic para a comida e camiseta de xogo para todos os participantes.
Regulamento
O regulamento será o de 3×3, coas seguintes especificacións:
- Cancha e balón: Media cancha e balón 3×3.
- Equipo: 3 xogadores + 1 substituto + 1 responsable de equipo.
- Anotación: 1 punto e 2 puntos.
- Duración / Fin do partido: Un tempo de 10 min ou 21 puntos.
- Prórroga: O primeiro equipo que anota dous puntos gaña (un punto en U10 e U12).
- Será obrigatorio xogar coa camiseta oficial do encontro.
- Dúas fases:
- 1ª fase en 3 grupos de 4 equipos a unha volta: 18 partidos por categoría, cada equipo xoga 3 partidos.
- 2ª fase eliminatoria: cuartos de final, semifinal, 3º posto e final.
Inscricións
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario e non será firme ata a confirmación por parte da organización e o pago da cota (10€ por equipo).
O prazo máximo para inscribirse será o xoves 27 de novembro ás 20h se queres asegurar a túa talla de camiseta. Despois poderán escribirse equipos ata completar os grupos, pero xa non poderemos garantir as tallas das camisetas.



