O pasado curso celebramos 65 anos da fundación na nosa Casa Salesiana de A Coruña, o 3 de setembro de 1960, do Club Bosco de Baloncesto, impulsado por un grupo de antigos alumnos do colexio salesiano, e queremos repetir a experiencia.
Este club foi o primeiro club galego en xogar na 1ª División da Liga Española de Baloncesto, precursora da actual Liga ACB, na tempada 1968-1969. O club non lograría a permanencia na máxima división e remataría desaparecendo o 7 de febreiro de 1988.
O primeiro presidente do club foi Claudio San Martín Pérez, na memoria do cal queremos celebrar este torneo no mesmo lugar no que naceu o club, do que en certo modo nos sentimos herdeiros como Club Salesianos Coruña.
Datos do torneo
- Data e lugar: 8 de decembro, Salesianos A Coruña.
- Modalidade deportiva: Baloncesto 3×3
- Categorías:
- Absoluta
- U18 mixta
- U14 mixta
- U12 mixta
- Equipos:
- 12 equipos por categoría.
- 4 xogadores máis acompañante por equipo.
- Lugar: Pavillón Salesianos Coruña. Dúas canchas á vez (medio campo cada).
- Horario:
- 9.00h-13.30h: 1ª fase categorías U12 (cancha A) e U14 (cancha B).
- 13.45h-18.15h: 1ª fase categorías U18 (cancha A) e Absoluta (cancha B).
- 18.30h-20.30h: 2ª fase categorías U12 (cancha A) e U14 (cancha B).
- 21.00h-23.00h: 2ª fase categorías U18 (cancha A) e Absoluta (cancha B).
- NOTA: Os horarios poderán adiantarse ou retrasarse en función da evolución do xogo.
- Premios por categoría:
- 1º clasificado: 200€
- 2º clasificado: 100€
- 3º clasificado: 50€
Regulamento
- Cancha e balón: Media cancha e balón 3×3.
- Equipo: 3 xogadores + 1 substituto + 1 responsable de equipo.
- Anotación: 1 punto e 2 puntos.
- Duración / Fin do partido: Un tempo de 10 min ou 21 puntos.
- Prórroga: O primeiro equipo que anota dous puntos gaña (un punto en U12).
- Será obrigatorio xogar coa camiseta oficial do encontro.
- Dúas fases:
- 1ª fase en 3 grupos de 4 equipos a unha volta: 18 partidos por categoría, cada equipo xoga 3 partidos.
- 2ª fase eliminatoria: cuartos de final, semifinal, 3º posto e final.
Agasallos
Haberá para todos os participantes unha camiseta conmemorativa e picnic para a comida.
Inscrición
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario e non será firme ata a confirmación por parte da organización e o pago da cota (15€ por equipo).
O prazo máximo para inscribirse garantindo talla de camiseta será o xoves 26 de novembro ás 20h.



