Gradas da Catedral

631

Sabémolo! Vós xa nolo tedes dito! Nós experimentámolo cada fin de semana… Esas gradas dan moito frío!!!

É por iso que queremos solucionalo, pero para iso precisamos a vosa axuda.

O Club Salesianos Coruña é un Club moi novo, estamos aínda na nosa segunda tempada de actividade federada, pero pouco a pouco imos crecendo e enchendo o noso pavillón, que na cidade é coñecido como a “Catedral” do Fútbol Sala da Coruña.

Hoxe podemos desfrutar nesa “Catedral” do Fútsal e do baloncesto cada fin de semana, e entre semana tamén, pero a medida que a actividade vai aumentando imos notando como sodes máis os que nolo dicides: deberiades poñer uns asentos.

Chegou o momento!!! Pero precisamos a vosa axuda!!! Di non ao frío!!! Colabora connosco!!! Da cantidade doada poderás desgravar entre o 40% e o 80%!!! Lograrémolo para Don Bosco?

Adiante, sempre adiante!!!

Calcula canto podes desgravar da túa doazón:

Previous articleResultado Sénior F.S.
Next articleGañadores U10 e U12 3×3 Memorial Claudio San Martín