
Benqueridas persoas asociadas do Club Salesianos Coruña:
Segundo o artigo 18 dos nosos Estatutos “a Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por todas as súas persoas asociadas de número”, é dicir “todas as perosas maiores de idade que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral” (artigo 7).
Ademais, o artigo 19.1 dos nosos Estatutos indica que “a Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar as seguintes cuestións:
- Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
- Presuposto para o seguinte exercicio.
- Proxecto e propostas da Presidencia ou da Xunta Directiva.
- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas, polo menos, polo cinco por cento dos mesmos.”
É por iso que pola presente convoco Asemblea Xeral Ordinaria do Club Salesianos Coruña para o vindeiro martes 21 de xaneiro de 2025, ás 17.30 h en primeira convocatoria, e 18.00 h en segunda, nos locais de Antigos Alumnos e Familia Salesiana (entrada por Rúa Don Bosco, nº1).
- Oración.
- Memoria e informacións.
- Balance do exercicio 2024.
- Presuposto para o exercicio 2025.
- Propostas.
- Ideas e previsións a ir pensando de cara ao vindeiro curso.
- Rogos e preguntas.
Desexando que poidamos seguir soñando xuntos un Deporte cada vez máis Educativo e máis Salesiano na nosa Casa, saúdovos.
Unha aperta,
Luis M. Pernas Goy


