Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

208

Benqueridas persoas asociadas do Club Salesianos Coruña:

Segundo o artigo 18 dos nosos Estatutos “a Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno do Club e estará integrada por todas as súas persoas asociadas de número”, é dicir “todas as perosas maiores de idade que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral” (artigo 7).

Ademais, o artigo 19.1 dos nosos Estatutos indica que “a Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, polo menos unha vez ao ano para tratar as seguintes cuestións:

  1. Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
  2. Presuposto para o seguinte exercicio.
  3. Proxecto e propostas da Presidencia ou da Xunta Directiva.
  4. Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas, polo menos, polo cinco por cento dos mesmos.”

É por iso que pola presente convoco Asemblea Xeral Ordinaria do Club Salesianos Coruña para o vindeiro martes 21 de xaneiro de 2025, ás 17.30 h en primeira convocatoria, e 18.00 h en segunda, nos locais de Antigos Alumnos e Familia Salesiana (entrada por Rúa Don Bosco, nº1).

  1. Oración.
  2. Memoria e informacións.
  3. Balance do exercicio 2024.
  4. Presuposto para o exercicio 2025.
  5. Propostas.
  6. Ideas e previsións a ir pensando de cara ao vindeiro curso.
  7. Rogos e preguntas.

Desexando que poidamos seguir soñando xuntos un Deporte cada vez máis Educativo e máis Salesiano na nosa Casa, saúdovos.

Unha aperta,

Luis M. Pernas GoyC:\Users\Luis Pernas\Documents\Documentación personal\Firma.jpgC:\Users\Luis Pernas\Documents\A Coruña\Deporte Educativo Salesiano\Imaxe corporativa\Cuño_SC.png

Previous articleResultado Sénior 7 de xaneiro
Next articlePresentación Copa Colexial