Finalmente logramos, entre todos, que saia un grupo de Fútbol Sala Biberóns, o prezo final será de 35€ ao mes (outubro a maio), e o horario será de martes e xoves de 18h a 19h, xa que así o sinalaron os que fixeron a preinscrición. De todos os xeitos, se sabedes que sodes un grupo grande interesado en facer a actividade noutro horario, poderiamos estudar o caso.
Como a actividade está totalmente xestionada polo Club (non é unha extraescolar do colexio), precisamos que no formulario de inscrición poidades subir un modelo do SEPA cuberto para que poidamos pasar os recibos. Do mesmo xeito, non é preciso ser alumno do colexio para apuntarse a esta actividade.
Por outra banda, como entendemos que son moi pequenos e non todos teñen os mesmos intereses, tamén vos preguntamos se estarían interesados só en adestrar ou tamén queren facer un equipo federado, no caso de que haxa quorum.
Pedímosvos que poidades responder ao formulario da ligazón antes do 25 de setembro, para que poidamos ir vendo con quen contamos, facer as xestións coa federación e, se procede, a adquisición de equipacións cando sexa necesario e por número vexamos que sairá un equipo ou grupo.



