Queremos indicarvos que si hai un grupo suficiente de persoas interesadas no Voleibol prebenxamín (nacemento en 2019 e 2020) e benxamín (nacemento en 2017 e 2018).
Finalmente, o prezo final será de 38€ ao mes (outubro a maio), e o horario será de luns e mércores de 18h a 19h.
Como a actividade está totalmente xestionada polo Club (non é unha extraescolar do colexio), precisamos que no formulario de inscrición poidades subir un modelo do SEPA cuberto para que poidamos pasar os recibos. Do mesmo xeito, non é preciso ser alumno do colexio para apuntarse a esta actividade.
Por outra banda, como é un deporte novo para nós, tamén vos preguntamos se estarían interesados só en adestrar ou tamén queren facer un equipo federado, no caso de que haxa quorum. Tedes que saber tamén que nestas categorías as competicións non son en réxime de liga, senón de concentración, de modo que decidiriamos vez a vez se hai xente suficiente para apuntarnos ou non.
Pedímosvos que poidades responder a este formulario antes do 25 de setembro, para que poidamos ir vendo con quen contamos, facer as xestións coa federación e, se procede, a adquisición de equipacións cando sexa necesario e por número vexamos que sairá un equipo ou grupo.
