Carreira ENKI 2026

16

Dende o Club Salesianos Coruña queremos sumarnos, un ano máis, a unha iniciativa solidaria que ten lugar na nosa cidade dende hai máis de 10 anos: a Carreira ENKI.

A Carreira ENKI é unha iniciativa lúdica e deportiva, non competitiva, aberta a todas as idades e que promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así coma o respecto e a educación na diversidade.

É unha carreira de obstáculos adaptados, válida para todas as condicións (son uns 2,5 km), e un espazo de solidariedade que terá lugar o vindeiro sábado 17 de outubro, a partires das 14h (con distintas saídas segundo o número de participantes, intentaremos elixir a opción preferida pola maioría). Podedes ver máis información premendo nesta ligazón.

Nós queremos aproveitar para participar como Club deportivo e como Casa Salesiana de A Coruña, para apoiar a iniciativa e tamén para visibilizarnos na cidade.

O xeito de participar xuntos é moi doado:

  • Inscrición no formulario de debaixo. Nota: Hai que facer unha inscrición por participante, e todo menor deberá ir acompañado dunha persoa adulta (cada un co seu dorsal).
  • Formalizar o pago (8€ en xeral, 6€ para persoas con diversidade funcional ou menores de 10 anos). Lembrar que o recadado na carreira ten finalidade solidaria.
  • Indicarémosvos como recoller os dorsais cando nolos entreguen.
  • Asistir á carreira na hora de saída indicada pola organización vestidos ou disfrazados (parrucas, etc.) coas cores do Club: vermello e negro. Alí nos atoparemos!!!

O prazo para apuntarse no formulario remata o 13 de setembro, para poder comunicar á organización da carreira o número de participantes. Despois poderá incluírse algunha persoa, pero non podemos garantir a praza.

Se alguén o desexa, pode colaborar co Club encargando no mesmo fomulario unha camiseta do Club (modelo vermello e negro por 10€ e modelo negro por 8€), ou unha bufanda (10€). Deixamos aquí a táboa coas medidas das distintas tallas.

Agradecidos polo voso tempo e confiados con facer posible un deporte educativo en clave salesiana, nun curso no que, máis que nunca e sobre todo o noso Club, esteamos na nosa casa, saudámosvos agardando vernos o 17 de outubro.

Previous articleConciliación Setembro EI-EP