Oferta de actividades federadas EI e EP

209

En xuño saíu dende o colexio a oferta de actividades extraescolares, entre elas as xestionadas polo noso Club, e tivemos a reunión coas familias. É o momento, en primeiro lugar, de agradecervos a vosa confianza, xa que neste segundo ano de actividade chegamos ata as 200 licenzas deportivas.

Como xa moitos sabedes, aos rapaces e rapazas que participan desas extraescolares, ofrecémoslles a posibilidade de federarse para competir, sen ningún coste extra (máis aló das equipacións cando son necesarias).

Por outra banda, os ritmos escolares e os federados non sempre son os mesmos, de xeito que se ben a matrícula nas extraescolares terá lugar en setembro, nós precisamos comezar a mover xa a actividade federada, para poder garantir que as equipacións e as fichas estean a tempo para comezar as ligas nun mes de outubro que agora parece lonxe pero que cos tempos das equipacións (unhas 5 semanas en época alta) e o parón que supón o mes de agosto non queda tan lonxe.

Ademais, este ano incorporamos á nosa oferta o Multideporte de infantil, o Biberón de Fútbol Sala, o Voleibol e imos experimentar co surf.

Das actividades extraescolares xa tedes a circular cos horarios e prezos, e aquí engadimos aquelas actividades que non son extraescolares.

  • Fútbol Sala biberón (nacemento en 2021 e 2022):
    • Martes e xoves de 18.00h a 19.00h.
    • Cota: 35 € ao mes (outubro a maio).
  • Voleibol prebenxamín (nacemento en 2019 e 2020):
    • Luns e xoves de 18.00h a 19.00h.
    • Cota: 38 € ao mes (outubro a maio).
  • Voleibol benxamín (nacemento en 2017 e 2018):
    • Luns e xoves de 18.00h a 19.00h.
    • Cota: 38 € ao mes (outubro a maio).
  • Surf: Aquí pedimos só o grao de interese, coas familias que poidan estar interesadas veremos posibilidades de horarios, modalidades e prezos.
  • Judo: Ofrecemos unha segunda hora complementaria, de tecnificación, para os inscritos:
    • Xoves de 18.00h a 19.00h.
    • Cota: 10 € (outubro a maio)

É por iso que vos pedimos que poidades responder ao formulario que deixamos abaixo antes do 8 de agosto de 2026, para que poidamos ir vendo con quen contamos e comezar a xestionar a busca de máis adestradores cando faga falta, as xestións coas federacións correspondentes e a adquisición de equipacións cando sexa necesario e por número vexamos que sairá un equipo ou grupo.

Previous articleOferta de actividades federadas ESO-Sénior
Next articleOferta de actividades non federadas para familias