Conciliación Xuño

165

Hai un par de días estabamos comezando o curso… e xa está rematando!

Xa está chegando o mes de xuño, mes no que o noso alumnado de Educación Infantil e Primaria non ten clase pola tarde, o que pode ser unha dificultade á hora de conciliar familia e traballo.

Por iso, e dende a experiencia positiva do ano pasado e de setembro, lanzamos esta campaña de conciliación para eses días de xuño nos que aínda hai clase, pero só polas mañás.

Por outra banda, pode ser unha oportunidade para que os máis pequenos proben os distintos deportes que ofertamos, de cara ao vindeiro curso.

Ofertamos de novo Fútsal, Baloncesto e Judo a través Club, así como o surf, que traemos unha vez máis da man de Brava Surf.

A parte de surf terá lugar, sempre que as condicións meteorolóxicas e marítimas o permitan, na praia do Orzán, ao lado das nosas instalacións, e nela desenvolveranse as actividades de surf e SUP (Stand Up Paddle). Cando as condicións meteorolóxicas e marítimas non o permitan, realizarase no ximnasio do pavillón a actividade de surf & skate.

Para estas actividades, os deportistas deberán traer roupa apta para a práctica deportiva, unha camiseta de reposto (opcional) e auga. Ademais, para o surf tamén deberán traer un traxe de baño tipo piscina (para evitar roces co neopreno), chancletas, toalla e protección solar. Para judo non será obrigatorio traer judogi, xa que será unha introdución a este deporte, pero os que o teñan estaría moi ben que o trouxesen.

  • Para quen?: Nenas e nenos que fagan 6º de Educación Infantil e Educación Primaria no Colexio Salesiano.
  • Cando?: Do 1 ao 19 de xuño, distribuído do seguinte xeito:
    • Luns e xoves, de 16.00h a 17.30h: Fútbol Sala.
    • Martes e venres, de 16.00h a 17.30h: Baloncesto.
    • Mércores, con dúas posibilidades:
      • de 16.00h a 18.00h: Surf[1].
      • de 16.00h a 17.30h: Judo.
    • NOTA: Para o horario que queda entre o comedor e esta actividade, o colexio dispón da posibilidade de solicitar unha ampliación do tempo de comedor (consultar no colexio).
  • Como apuntarse?: No formulario ao final desta páxina, ata o 25 de maio. Despois só se poderán facer novas inscricións ou ampliacións se hai prazas libres.

O día 26 recibiredes un correo coas indicacións para proceder ao pago.

A actividade precisa dun número mínimo de participantes, de non chegar ao mínimo nalgún deporte non poderá ter lugar e poñerémonos en contacto convosco para comunicalo o mesmo 26 de maio e proceder coa devolución do diñeiro. Neste caso, sempre ofertariamos unha alternativa de conciliación non necesariamente deportiva para as familias que o precisen, de xeito que ningún neno quede “só” as tardes de xuño.

PREZOS

 XeralDeportistas do Club
Fútbol Sala25 €22 €
Baloncesto25 €22 €
Surf63 €63 €
Judo15 €13 €
Fútbol Sala + Baloncesto46 €40 €
Fútbol Sala + Surf86 €83 €
Baloncesto + Surf86 €83 €
Fútbol Sala + Baloncesto + Surf106 €100 €
Fútbol Sala + Judo38 €33 €
Baloncesto + Judo38 €33 €
Fútbol Sala + Baloncesto + Judo60 €52 €

Os días soltos só estarán permitidos en Fútbol Sala, Baloncesto e Judo, a un prezo de 6€/día en xeral e de 5€/día para deportistas do Club.

IRMÁNS

No caso dun segundo, terceiro… irmá/n, o prezo destes será:

 XeralDeportistas do Club
Fútbol Sala23 €20 €
Baloncesto23 €20 €
Surf63 €63 €
Judo14 €12 €
Fútbol Sala + Baloncesto43 €37 €
Fútbol Sala + Surf85 €82 €
Baloncesto + Surf85 €82 €
Fútbol Sala + Baloncesto + Surf104 €98 €
Fútbol Sala + Judo36 €31 €
Baloncesto + Judo36 €31 €
Fútbol Sala + Baloncesto + Judo56 €48 €

Os días soltos, de novo, só estarán permitidos en Fútbol Sala, Baloncesto e Judo, a un prezo de 5€/día en xeral e de 4,50€/día para deportistas do Club.

DEVOLUCIÓNS

En caso de baixa antes do 25 de maio devolverase o 100% da inscrición.

A partir desta data non se farán devolucións.

Se tedes algunha dúbida, podedes poñervos en contacto connosco por WhatsApp no 653 69 49 24 ou mandando un correo electrónico a club@clubsalesianoscoruna.es.

Desexando que poidamos axudar aos nosos deportistas a ser protagonistas da súa historia a través dun Deporte cada vez máis Educativo e máis Salesiano na nosa Casa, saudámosvos.

Unha aperta,

Club Salesianos Coruña


[1] A ubicación do surf o mércores en vez do venres, cando parecería lóxico, débese á compatibilización do pavillón coas clases de Educación Física que teñen na ESO os mércores pola tarde. No caso de superar o número máximo de inscritos por grupo habería que crear un segundo grupo noutro horario, a negociar.

Previous articleÚltimos resultados Fútsal base
Next articleResultados Sénior Fútsal