Sabémolo! Vós xa nolo tedes dito! Nós experimentámolo cada fin de semana… Esas gradas dan moito frío!!!
É por iso que queremos solucionalo, pero para iso precisamos a vosa axuda.
Doando a través da Fundación Amare Terra (máis abaixo tes a páxina) ao noso proxecto “Gradas para a Catedral”, estarás colaborando para poñer unhas gradas novas no noso pavillón, para que o público desfrute aínda máis do deporte educativo salesiano.
Ademais, recuperarás ata o 80% do doado na declaración do ano que vén. Abaixo tes unha calculadora coa que ver canto podes desgravar.
Adiante, sempre adiante!!!
Calcula canto podes desgravar da túa doazón:


