I Torneo Salesianos 3×3 – Memorial Claudio San Martín

1432

Xustificación

O presente curso fanse 65 anos da fundación na nosa Casa Salesiana de A Coruña, o 3 de setembro de 1960, do Club Bosco de Baloncesto, impulsado por un grupo de antigos alumnos do colexio salesiano.

Este club foi o primeiro club galego en xogar na 1ª División da Liga Española de Baloncesto, precursora da actual Liga ACB, na tempada 1968-1969. O club non lograría a permanencia na máxima división e remataría desaparecendo o 7 de febreiro de 1988.

O primeiro presidente do club foi Claudio San Martín Pérez, na memoria do cal queremos celebrar este torneo no mesmo lugar no que naceu o club, do que en certo modo nos sentimos herdeiros como Club Salesianos Coruña.

Datos do torneo

Data e lugar: 8 de decembro, Salesianos A Coruña.

Modalidade deportiva: Baloncesto 3×3

Categorías: U18 (nacidos en 2007 ou despois), U14 (nacidos en 2011 ou despois), U12 (nacidos en 2013 ou despois) e U10 (nacidos en 2015 ou despois).

Equipos: 12 por categoría (4 xogadores e un acompañante por equipo).

Lugar: Pavillón Salesianos Coruña. Dúas canchas á vez (medio campo cada).

Horario:

  • 9.00h-13.30h: 1ª fase categorías U10 (cancha A) e U12 (cancha B).
  • 13.45h-18.15h: 1ª fase categorías U14 (cancha A) e U18 (cancha B).
  • 18.30h-20.30h: 2ª fase categorías U10 (cancha A) e U12 (cancha B).
  • 21.00h-23.00h: 2ª fase categorías U14 (cancha A) e U18 (cancha B).

NOTA: Os horarios poderán adiantarse ou retrasarse en función da evolución do xogo.

Premios por categoría: 200€ ao primeiro equipo clasificado, 100€ ao segundo e 50€ ao terceiro (ingresaranse na conta dende a que se faga o pago da inscrición).

Haberá picnic para a comida e camiseta de xogo para todos os participantes.

Regulamento

O regulamento será o de 3×3, coas seguintes especificacións:

  • Cancha e balón: Media cancha e balón 3×3.
  • Equipo: 3 xogadores + 1 substituto + 1 responsable de equipo.
  • Anotación: 1 punto e 2 puntos.
  • Duración / Fin do partido: Un tempo de 10 min ou 21 puntos.
  • Prórroga: O primeiro equipo que anota dous puntos gaña (un punto en U10 e U12).
  • Será obrigatorio xogar coa camiseta oficial do encontro.
  • Dúas fases:
    • 1ª fase en 3 grupos de 4 equipos a unha volta: 18 partidos por categoría, cada equipo xoga 3 partidos.
    • 2ª fase eliminatoria: cuartos de final, semifinal, 3º posto e final.

Inscricións

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario e non será firme ata a confirmación por parte da organización e o pago da cota (10€ por equipo).

O prazo máximo para inscribirse será o xoves 27 de novembro ás 20h se queres asegurar a túa talla de camiseta. Despois poderán escribirse equipos ata completar os grupos, pero xa non poderemos garantir as tallas das camisetas.

Previous articleResultado Sénior Bosco
Next articleResultados últimas xornadas Sénior FS