Xornada de Convivencia de Fútbol Praia

190

Dende a Real Federación Galega de Fútbol propoñen a todos os xogadores federados nas categorías de prebenxamín a xuvenil participar nunha Xornada de Convivencia de Fútbol Praia.

Terá lugar o próximo mércores 16 de abril de 2025, en horario de 10 a 13 horas, con dúas sedes:

-Praia de Sabón, Concello de Arteixo
-Praia Compostela, Concello de Vilagarcía de Arousa.

O prazo de inscrición

remata o domingo 13 de abril. Todos os interesados deben cumprimentar de forma individual o seguinte formulario.

Os xogadores do noso Club que queiran participar deberán indicar como club “Club Salesianos Coruña”, e como delegación “A Coruña”, e agradecemos que nos indiquen ao contacto do Club ou aos seus adestradores a intención de participar.

Adiante, sempre adiante!!!

Previous articleCampionato Comarcal Benxamín de Xadrez
Next articleResultados Fútsal