Oferta de actividades federadas ESO-Sénior

166

Tras dous anos de actividade no noso Club, queremos seguir crecendo de xeito equilibrado, respondendo ás necesidades que se nos van presentando e medindo as forzas, e é por iso que a oferta que lanzamos máis aló da Educación Primaria (que sairá máis adiante) non comprende todas as categorías aínda.

Nesta oferta a partires de 1º da ESO, totalmente independente da actividade extraescolar, ten cabida tanto o alumnado do noso colexio coma o de outros centros.

Este ano tamén imos introducir unha novidade nos cobros, xa que así nolo recomenda a experiencia deste último ano: cobraremos por unha parte unha matrícula inicial, e por outra a cota mensual, para evitar problemas de liquidez ao ter que abonar, pola nosa parte, as licenzas e inscricións federativas a inicio de curso.

En concreto, a oferta é a seguinte:

  • Baloncesto infantil (nacemento en 2013 e 2014):
    • Luns de 17.00h a 18.30h, martes e xoves de 18.30h a 20.00h.
    • Matrícula: 50 €
    • Cota: 40 € ao mes (setembro a xuño)
  • Baloncesto cadete (nacemento en 2011 e 2012):
    • Luns, mércores e venres de 18.30h a 20.00h.
    • Matrícula: 75 €
    • Cota: 40 € ao mes (setembro a xuño)
  • Baloncesto júnior (nacemento en 2009 e 2010):
    • Martes e xoves de 18.30h a 20.00h e venres de 19.30h a 21.00h.
    • Matrícula: 125 €
    • Cota: 42 € ao mes (setembro a xuño)
  • Baloncesto sénior (nacemento ata 2008):
    • Luns, mércores e venres de 19.30h a 21.00h.
    • Matrícula: 150 €
    • Cota: 45 € ao mes (setembro a xuño)
  • Fútbol Sala xuvenil (nacemento entre 2008 e 2010):
    • Pendente de fixar adestramentos.
    • Matrícula: 75 €
    • Cota: 8 € ao mes (setembro a maio)
  • Fútbol Sala Sénior (nacemento ata 2007): Interesados soliciten información.

Os horarios de adestramentos son provisionais, polo que poden sufrir modificacións por dispoñibilidade de adestradores, do pavillón e segundo a resolución da concesión do uso de instalacións deportivas municipais para completar o uso do noso pavillón.

Por outra banda, as cotas tamén son revisables (á baixa) en función da concesión ou non das subvencións que temos solicitadas. Ademais, se algún equipo atopa un patrocinador (poderíase incluír o seu logotipo na camiseta dese equipo), o aportado polo mesmo reduciríase directamente das cotas do equipo en cuestión.

Que finalmente se realicen as actividades dependerá do número de inscritos, que deberá acadar un mínimo.

Por outra banda, todos os inscritos serán federados na federación correspondente baixo o amparo do Club Salesianos Coruña, e para competir nas categorías propias deberán adquirir as equipacións de xogo correspondentes.

Abaixo deixamos o formulario para facer a preinscrición, coa que veremos que actividades ou equipos saen. Nos casos nos que haxa quorum, enviarase ás familias un formulario de matrícula, co que se deberá abonar por adiantado o importe da matrícula. As cotas mensuais parasaranse por recibo, para o que haberá que entregar tamén a orde SEPA (aqueles que non o fixesen a tempada anterior).

O prazo para apuntarse finalizará o 8 de agosto de 2026. Na semana seguinte porémonos en contacto cos preinscritos para confirmar se os equipos acadaron o mínimo de participantes ou non. Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico club@clubsalesianoscoruna.es ou por WhatsApp no 653 69 49 24.

Previous articleReunión informativa
Next articleOferta de actividades federadas EI e EP